XEDH
“Ás veces é necesario aproximarse aos extremos tanto, para coñece-los.
Só a distancia salva: a postura irónica, as voces alleas, o son frio.
O teatro sen ser. O velo é pesado, pero mais alá percibe-se
a radiografia do instinto. A tortura.
Pero tendo a música, calquer mal se salva.
Por agora.
Un disco dedicado a todos aqueles que non teñen males.”
# Disco editado no 2006, fai exactamente un ano, en Hamaika, gravado no barrio de San Francisco, Bilbao. Mil e pico placas de metal que esmagan o sexo, case incapacidade para seguir escoitando. Edición especial para se correr. Granito-coño. Fai uns meses que chegou e nunca eses 48 minutos, pero que dis. Muchachita. Aplicación teórica que caga na boca e dá marcha atrás, pode que para aniquilar a lenda. Disparador-esquelete que pide axuda. No Norte mendigan coa habilidade do asasinato, pero que. Parece que o noxo é mais real, asi.

Decembro 19, 2007 a 1:34 pm
bufff.
eu teño ese disco e é brutal! pero aínda non o puiden escoitar do tirón. é bravo bravo
Decembro 25, 2007 a 5:52 pm
A netlabel homophoni (máis que recomendable, sobre todo o 48v de Steven Flato) acaba de sacar unha gravación te Xedh titulada amiarma. Por se estades interesados, descarga ou streaming aquí.
Decembro 27, 2007 a 9:18 am
[...] homophoni. Desta volta trátase da obra do vasco Xedh, que despois de Agujero Negro (Hamaika, recomendado por VOLFRAM) prepara con sinusoides, micros e unha mesa de mesturas [...]